ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A concelleira de Servizos Sociais de Ares, Victoria Montenegro, lembra que as interesadas en acudir á cea de homenaxe ás mulleres do municipio, promovida polo Concello coincindo coa recente celebración, o día 8, do Día Internacional da Muller Traballadora, poderán formalizar a súa inscripción ata o vindeiro martes, día 22. Esta iniciativa desenvolverase o sábado 26 de marzo no pavillón municipal a partires das nove da noite.
Como en anos anteriores, establecéronse prezos populares de dez euros por persoa para participar na cea, que, ademais, inclúe unha actuación musical e un baile. As interesadas deberán dirixirse, unha vez feito o correspondente ingreso na oficina de Ares de Caixa Galicia, ás dependencias dos Servizos Sociais municipais, no número 81 da rúa Real, no seu horario habitual de atención ao público.
O goberno local aresán destaca o importante número de mulleres emprendedoras existente neste municipio, ao tempo que subliña a súa máis que notable implicación no movemento asociativo e voluntario. Ademais, os responsables locales poñen de manifesto o feito de que sexan aínda moitas as mulleres que, a pesares de estar integradas no mundo laboral, seguen facendo fronte, e en numerosas ocasións en exclusiva, ao coidado dos seus respectivos fogares e familia.