Cea móvese ao ritmo das orquestras

Cea móvese ao ritmo das orquestras

01 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A localidade ourensá de San Cristovo de Cea transformarase esta fin de semana nun gran escenario para acoller a celebración do primeiro Festival Internacional de Orquestras de Galicia (FIOU), organizado por Xacobeo 2010 en colaboración co Concello de Cea e a Deputación de Ourense. Once orquestras de todo o mundo e varios DJs farán soar a música desde o mediodía ata o amencer nun pioneiro festival que combina o espírito das festas populares co formato d

Cea converterase esta fin de semana no epicentro musical das orquestras de baile, un fenómeno que xoga un papel imprescindible na conservación e transmisión do legado musical e das tradicións populares.

A programación de FIOU serverá para tender pontes para o diálogo entre culturas, xa que, ademais dalgunhas das mellores orquestras galegas, como Sintonía de Vigo, Olympus ou Philadelphia, actuarán en directo formacións latinas como os Billo’s Caracas Boys ou Los Melódicos. Participarán tamén bandas chegadas de Francia, o Magreb, Estados Unidos e Sicilia, que levarán a Cea a experimentación e os sons máis innovadores. O venres e o sábado despois da actuación das orquestras haberá festas con música de baile a cargo de varios djs, e o sábado e o domingo, ademais das actuacións nocturnas, non faltará a tradicional sesión vermú.

Ademais da programación musical hai diversas actividades paralelas. Mercado de artesanía e produtos locais, exposición sobre a historia das orquestras de Galicia ou coloquios arredor da música galega.

Sociedade