Cedeira solicita entrar na Mancomunidade

Cedeira solicita entrar na Mancomunidade

27 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Mancomunidada da Ría, institución que agrupa ós municipios de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Valdoviño, Ares e Mugardos estudiarán o vindeiro luns día 30 de novembro, a petición feita polo concello de Cedeira para integrarse na organización. Na reunión, que se celebrará ás seis da tarde no pazo municipal de Ferrol, abordaránse tamén outros temas como o relativo aos atrasos nos prazos de construcción do

Na xuntanza deste luns acordaráse o inicio do proceso administrativo necesario para que a vila de Cedeira poda integrase na Mancomunidade. A decisión do desexo de formar parte da entidade foi aprobada por maioría do pleno do concello de Cedeira o pasasdo 29 de setembro.

Na orde do día da sesión recóllese tamén o estudo das accións encamiñadas á construcción dunha piscina de 50 metros para uso comarcal. A Mancomunidade estima que é unha infraestructura necesaria pola grande demanda que existe na comarca de Ferrolterra deste tipo de instalacións, e cuia execucion sería inviable a título individual dos Concellos. Nesta liña valoran a posibilidade de trasladar unha solicitude conxunta á Xunta de Galicia para que o goberno galego colabore na elaboración do estudo de viavilidade desta infraestructura.

Outra das cuestións a debatir será dilucidar qué medidas se han tomar ante o anuncio de demora nos prazos de construcción do corredor costeiro Ferrol- San Cibrao fixado agora para o ano 2017. A Mancomunidade instará tamén á Xunta de Galicia e á concesionaria das autopistas Audasa para que subsanen deficiencias de alumeado detectadas en diferentes treitos da AP-9, na ponte que cruza a ría e no viaducto de Fene entre outros.
Finalmente os rexidores dos  7 concellos da comarca debatirán a situación do proxecto da TDT na Mancomunidade e a posible contratación dun xerente para mellorar a xestión e eficacia deste órgano.

Institucional