Celanova reclama apoios para que a estación do AVE de Ourense leve o nome de Curros Enríquez

Celanova reclama apoios para que a estación do AVE de Ourense leve o nome de Curros Enríquez

02 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A Fundación Curros Enríquez intensifica a campaña para para solicitar ao Ministerio de Fomento que a próxima estación do AVE de Ourense leve o nome do escritor e para que se coloque nun sitio visible o seu poema Na chegada a Ourense da primeira locomotora. A entidade acaba de por á disposición dos visitantes da Casa dos Poetas os documentos de adhesión a este proxecto que xa obtivo, entre outros, o apoio unánime

Desde a Fundación enténdese que “a esperanza actual pola chegada do Tren de Alta Velocidade a Ourense” xa foi recollida nos versos de Na chegada a Ourense da primeira locomotora, que Manuel Curros Enríquez escribiu na primavera de 1881.

Para aqueles que non poidan desprazarse ata Celanova tamén existe a posibilidade de remitir o seu manifesto de apoio a esta proposta por correo ordinario á dirección: Fundación Curros Enríquez, rúa Curros Enríquez 37 32.800 Celanova; ou a través dun correo electrónico a fundacion@currosenriquez.es

Sociedade