ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Máxico será este ano o arranque do Ciclo do Día da Patria Galega en Fene. O mago Romarís presenta esta noite, a partir das dez e media, o seu espectáculo “Triunfos Copas” na Praza do Concello, na primeira das actividades organizadas polo Departamento de Cultura e Deportes de Fene ao redor da festa do 25 de xullo.
A maxia e música, sen esquecer o acto institucional previsto para o vindeiro 24 de xullo, protagonizan este ano o Ciclo do Día da Patria Galega no Concello de Fene. Á actuación do Mago Romarís, seguirá na xornada de mañá o VI Festival de Habaneras no que tomarán parte este ano as Corais do CPS de San Valentín, Agarimo de Sillobre, O Pote de Maniños, Eterna Xuventude e a Rondalla Estrelecer. Ademais, para a mocidade organízase o festival “Escaras Trunga 3” na mesma Praza do Concello, o próximo venres 17 de xullo. Participarán os grupos Karbon14, Membrillo Fanegas, ID3M e Innsbruck. Para pechar o programa, o venres 24 de xullo, celebrarase no Parque Liñal do Río Cádavo o acto institucional do Día da Patria Galega. Comezará ás oito e media do serán e incluirá unha ofrenda floral, a actuación da Rondalla Estrelecer e a lectura da declaración institucional polo 25 de xullo.
Dende o departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene convídase aos veciños a participar nos distintos actos e anúnciase que tódalas persoas que o desexen poden xa recoller unha bandeira galega na portería do Concello, en horario de mañá.