ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Celebración da diversidade en Fene por iniciativa do Concello. A concelleira de Benestar e Igualdade, Sandra Permui, presentou as actividades da Semana da Diversidade Afectivo Sexual para conmemorar o Día do Orgullo LGBTIQ+. Na presentación, en Radio Fene, estivo acompañada pola traballadora social Adelaida Abad e pola estudante en prácticas do curso Promoción da Igualdade de Xénero Deisy Pérez.
Sandra Permui animou á veciñanza fenesa a “sumarse a esta xornada reivindicativa pola diversidade”. Durante toda a semana ondearán na Praza do Concello as bandeiras da diversidade e o día 28 soará na Praza do Concello música icónica do orgullo. Ademais, con motivo da Semana do Orgullo, Radio Fene divulgará na súa programación, a partir das 11h, entre o luns, día 24, e o venres, día 28, pílulas informativas da área de Igualdade e o manifesto que se lerá no Día do Orgullo.
O Día do Orgullo celébrase en todo o mundo conmemorando os disturbios de Stonewall de 1969, lembrou Deisy. As orientacións sexuais disidentes e a diversidade sexual foi un tema perseguido o que da lugar a unha grande discriminación social das persoas que pertencen a este colectivo, apuntou Adelaida.
Publica o teu comentario agora