ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Levan oito anos na recuperación de persoas alcohólicas. O Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra vai celebrar o seu oitavo aniversario o sábado día 27. Actos abertos a calquera persoa que queira participar. “Para celebrar a vida”.
“Celebramos que estamos vivos, porque son partes principais do proceso de recuperación como chegaches e como estás agora”, explica Miguel. “O alcol é un síntoma desta enfermidade mental”, destaca. “Moi cruel”, engade Mariel, que sentía “unha obsesión compulsiva por beber”.A conmemoración do nacemento do Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra será unha xunta aberta á que tamén asistirán representacións de grupos doutros lugares de España e Portugal. No Pavillón polideportivo de Santa Mariña, a partir das doce. Porque “non todo o que se fai no Grupo é falar de amarguras”.
Publica o teu comentario agora