Celta B e Racing empatan e beneficianse da derrota do Zamora

Celta B e Racing empatan e beneficianse da derrota do Zamora

19 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Celta B e o Racing de Ferrol empataron sen goles esta mañá no campo do Barreiro. Cada equipo dominou nun tempo do partido, sen chegar a crear excesivo perigo para a portería contraría. Os vigueses comezaron o encontro cun punto máis de intensidade e velocidade pero non definiron nos últimos metros. Os ferroláns déronlle a volta a tortilla na segunda metade pero con idéntico resultado.

O filial do Celta e o Racing continuan nos postos 5º e 6º con 53 puntos e seguen mantendo as súas aspiracións ao play off, ao beneficiarse da derrota do Zamora diante da Ponferradina. Os zamorans son 4º con 54 puntos e continuan estando a tiro de pedra para os dous equipos galegos.

 

 

 

 

Deportes