Celtas Cortos e a orquesta La Oca nunha noite de festa en Narón

Celtas Cortos e a orquesta La Oca nunha noite de festa en Narón

16 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Celtas Cortos chegan a Narón con motivo das festas do concello. Unha noite chea de música, xa que ao directo do grupo vallisoletano, seguirá a actuación da orquestra La Oca.

40 de abril é o título do último traballo discográfico do grupo liderado por Jesús Cifuentes. Publicado en setembro do pasado ano, “40 de abril” é unha volta ás orixes xa que contén doce cancións feitas con ese estilo característico que tiñan cando comezaban a súa andaina musical, nos anos oitenta. O amor, o desengano, a risa e a reivindicación, así como as historias da rúa e as súas propias experiencias, a súa propia vida en definitiva, refléxase nas novas composicións que hoxe soarán en Narón.
Malia todos os cambios que experimentou a banda, tanto a nivel musical como estrutural, este novo traballo vainos levar ás orixes deste grupo que de seguro, fixo disfrutar a moitos ao longo das súas vidas.
Hoxe o directo de Celtas Cortos comezará ás once da noite no paseo marítimo de Xuvia, en Narón

Sociedade