ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Non se cumpren cen anos todos os dias. A Sociedade Deportiva Barallobre prepárase para celebrar os seus cen anos de actividade que se conmemorará na tempada 2027-2028. A acta de constitución da entidade aparece datada o 14 de xaneiro de 1928. Elixiuse daquela como presidente a Ramón Nieto Diaz. Nunha festa este sábado comezará o intercambio de ideas e as solicitudes de propostas para conmemorar como se merece unha data tan relevante.

A gran festa da Sociedade Deportiva Barallobre terá lugar este sábado pola tarde no campo do Ramo. Haberá churrasco, liscos e chourizo para festexar a fin da tempada. É necesario anotarse no número de whatsapp 673185156 DJ Nas Natalia encargarase da música. As cinco e media partido de pais e fillos, as seis e media modestos contra veterans. As oito e media comezará o apartado gastronómico da festa. De cara á próxima tempada, o director deportivo David Seijo xa iniciou contactos para reforzar o plantel, segundo explica o presidente do Barallobre Victor Dominguez.
Na imaxe, o mural de Carlos Sardiña no campo do Ramo de Barallobre
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora