ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Tiruleque, Tanto nos ten e a Mekanika Rolling Band actuarán este ano na romaría do Pote de Maniños. A música comezará as sete da tarde do domingo 28 de agosto pero xa pola mañá haberá unha degustación de mexillóns da ría. Non se lanzarán fogos de artificio polo risco de lume. A Asociación prepara unha gran celebración da romaría para o ano 2023. Cúmprense cen anos desde a adquisición dos terreos para o campo da festa da parroquia. Tamén se fan noventa anos desde o inicio desta romaría peculiar polo seu carácter laico, ao non estar adicada a santo ningún.
Este ano non se formou comisión organizadora e Maniños quedou sen festas patronais. Pero tal e como recollen os estatutos da sociedade, se non hai comisión é a propia entidade a que se encarga de organizar a tradicional romaría. “Agora poñen moitos problemas para organizar unhas festas, é necesario facer moito papeleo e moita burocracia, coller compromisos e iso bota para atrás á xente nova” indica o presidente do Pote Javier Rodriguez.
Publica o teu comentario agora