Cen anos de participación

Cen anos de participación
04 de Setembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A asociación O Pote de Maniños (Fene) cumpre cen anos neste 2025. Unha longa traxectoria de actividades comunitarias que incentivan a participación cidadán, fortalecen a democracia e o empoderamento impulsando o desenvolvemento. 

Fotografia Xan Xe

A romaría do Pote celebrouse o sábado e domingo cun éxito de participación e de  público a pesar dos chuvascos ocasionais. O Pote cumpre cen anos. Andres Rey Echevarria presidiu a entidade en 1925. Quería protexer a flora e vexetación e fomentar o amor e coñecemento das arbores. Como acto fundacional, plantaron setenta arbores de distintas especies. Xa en 1923 un grupo de veciños adquiriu seis ferrados de terra no lugar do Pombal para habilitar o campo da festa. Formouse como Sociedade de Amgios das Arbores. Logo foi Sociedade O Pote e agora Asociación O Pote, segundo apunta o presidente Javier Rodriguez.

 

Imaxe: O Pote 2025.

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora