Censuran a "inacción" da Xunta de Galicia na sanidade

Censuran a "inacción" da Xunta de Galicia na sanidade
11 de Xaneiro, 2019 - 11:07 h. | Publicada por Radio Oleiros

A estabilidade laboral dos novos facultativos, o incremento do investimento e os "cambios estruturais" no modelo son as bases sobre as que se asenta a proposta dos médicos galegos para mellorar a asistencia sanitaria na Comunidade e afrontar un "incremento da demanda sanitaria" que, advirten, "chegou para quedar". Os médicos apostan por "cambios estruturais" para afrontar o aumento de demanda. Así o dixo o presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, José Luís Jiménez, durante a súa comparecencia na Comisión de investigación parlamentaria sobre os efectos dos recortes na sanidade.

Manifestación en Vigo en defensa da sanidade pública

Neste marco, Jiménez explicou que o incremento da demanda sanitaria é o "elemento crave" da situación actual, na que os médicos ven "desbordados" pola asistencia, e afeou á Administración galega a súa "inacción" nos últimos anos fronte a uns "cambios estruturais" que eran "necesarios desde hai tempo".

Sociedade

Publica o teu comentario agora