Centieiras visita a exposición Libros fantásticos

Centieiras visita a exposición Libros fantásticos

12 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Paula Otero, Almudena Galdo e Eva Mazás convertiránse mañá venres en locutores de Radiofusión. Forman parte do alumnado do Colexio Centieiras de Perlío (Fene A Coruña) que todas as semanas desprázanse aos estudios da emisora de radio, para realizar o programa Crónicas de Centieiras. O espazo desta semana relatará a visita dos nenos e nenas de 5º, á exposición Libros fantásticos que ainda s

As Crónicas desta semana recomendan tamén o libro Avós, escrito por Chema Heras e ilustrado por Rosa Osuna e publicado por Editorial Kalandraka. Relata a historia de dous velliños, Manuel e Manuela. Ela era moi presumida e a él encántalle bailar. No espazo musical propoñen a canción As cores do solpor do grupo Loretta Martin. As Crónicas de Centieiras emítese todos os venres ás 11,30 da mañá en Radiofusión Ferrolterra, no 107.7 da Frecuencia Modulada.

Sociedade