Centos de documentos e fotos completan a maior mostra de Luis Seoane no ano do seu centenario

Centos de documentos e fotos completan a maior mostra de Luis Seoane no ano do seu centenario

13 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

«Cen por cen Seoane». Este é o título da exposición que se inaugura na sede da Fundación caixa Galicia, o venres 22 de outubro. Trátase da maior das mostras adicadas ao creador Luis Seoane no ano que se conmemora o centenario do seu nacemento. Configúrase en cen seccións que amosarán a riqueza da complexa personalidade deste creador plástico, promotor de empresas culturais, deseñador, editor, escritor e xornalista. Coproducida

“Máis pensados para coñecer o personaxe que para ver ou admirar a súa obra”, di o comisario da mostra, Xosé Díaz, nun dos textos da montaxe, “estes cen lugares que conforman e revelan a poliédrica personalidade de Luís Seoane achegarán ao espectador unha serie de datos e informacións, que o aproximarán a el dun xeito máis fondo”.  

A escolma componse de 350 obras orixinais tanto de Seoane coma doutros artistas que tiveron relación con el;  220 documentos orixinais (libros, álbums, textos autógrafos, dedicatorias, cartas…) e 130 reproducións, moitas delas fotográficas, referidas á súa vida.  

A montaxe destaca tamén a faceta de Luís Seoane como activista político, á beira do republicanismo, o galeguismo e o antifascismo. O artista defendeu estas ideas ao longo da súa vida, na Compostela universitaria e na galeguista cidade da Coruña dos anos trinta e tamén na cidade de Bos Aires, cosmopolita e aberta, dos anos corenta, lugar de acollida de emigrantes e exiliados que, coma Seoane, enriqueceron a paisaxe da gran cidade, un dos lugares máis importantes na súa traxectoria artística.    

Máis información:
www.luisseoanefund.org   
www.fundacioncaixagalicia.org
  

Cultura