Centos de fieis participan na procesión do Cristo dos navegantes.

Centos de fieis participan na procesión do Cristo dos navegantes.

21 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Unha das principais manifestacións relixiosas da comarca volveu congregar, no coñecido como luns do Cristo, a unha multitude nunha procesión que percorreu o centro da vila de Redondela durante máis de dúas horas. Unha festividade local marcada polo bo tempo, que animou a moitos a sumarse á unha procesión que ía encabezada pola banda de música municipal e escoltada por centos de seguidores que portaron velas durante todo o percorrido.

Por mor da celebración as rúas do centro da vila estiveron pechadas ao tráfico dende as oito da tarde e ata o remate da marcha. O Cristo da Agonía, coñecido na vila como Cristo dos Navegantes, pola protección que se lle atribúe ás xentes do mar, é unha das imaxes que conta con maior devoción na vila.

Sociedade