ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Non acompañou a sorte ao Perlío feminino o domingo. Quedou apeado (3-2) da Copa Ferrol polo Val B que xogará a final contra o Narón. Malia todo, Conchi López, delegada do Perlío, quedou satisfeita co equipo.

“Quedamos con que o equipo traballou, intentouno e estivo ben posicionado, o traballo foi bo”, resume Conchi. Comezou marcando Alba para o Perlío (12’), empataron as locais pouco antes do descanso. Na segunda metade volveu adiantarse o Perlío, cun gol de Sofia (66’) pero o Val B foi quen de remontar no marcador. Elegante e práctica, a delegada do Perlío felicita ao Val. “Nós a cambiar o chip e centrarnos na Liga”, di.
Publica o teu comentario agora