Cercanía e confianza

Cercanía e confianza
29 de Agosto, 2022 - 12:04 h. | Publicada por Radio Fene

Non hai que saír de Fene para mercar nada. Aquí temos de todo tralo boom que experimentou no concello o sector comercial e ofrecemos bos produtos coa cercanía e confianza distintivos do comercio de proximidade. Así de rotunda se expresa Begoña López, titular de El Baúl de Bego, mentres ultima os preparativos para o Outlet que terá lugar na primeira fin de semana de setembro.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Ao seu xuízo as datas do Outlet de Fene, do 2 ao 4 de setembro, son idóneas. De volta das vacacións e a punto de comezar o curso escolar parece bo momento para apurar as compras aproveitando para adquirir a prezos inmellorables artigos que non foron despachados nas rebaixas. El Baúl de Bego ten previsto poñer en oferta tanto prendas de verán como tallas soltas de pretempada. Haberá roupa a 10 e 15 euros e deportivas a 25-30 euros. Begoña López comparte a preocupación que todos sentimos pola carestía da vida, que ten moito impacto no sector comercial, pero destaca, sobre todo, a fidelidade e o cariño da súa clientela que presenta un amplo rango de idade. De 14 a 80 anos. Unha estreita relación gañada a pulso nos case 5 anos que ten o seu establecemento, que traballa con marcas españolas e apoia a emprendedores galegos como Waves e Cabuxa.

Sociedade

Publica o teu comentario agora