Cero ingresos pero os mesmos gastos

Cero ingresos pero os mesmos gastos
27 de Novembro, 2020 - 12:51 h. | Publicada por Radio Fene

Os hostaleiros, autónomos e empregados de Fene reuníronse esta mañá co alcalde Juventino Trigo. Atravesan unha situación moi difícil: non é que non ingresen cartos e que os están a perder.

Hostaleiros de Fene

A auga, a electricidade e, en moitos casos, o alugamento do local. Hostalería e comercio teñen que facer fronte a estos gastos, mes tras mes nun momento no que os seus negocios están pechados e non teñen forma de xerar ingresos. Por iso se reuniron co alcalde de Fene Juventino Trigo. Como explica Isabel Seoane, do café bar A Ponte a situación é critica.

As respostas que se lles deron foron insuficientes, segundo afirman. Son conscientes das limitacións do Concello para axudar con caracter inmediato aos autónomos e pequenos empresarios.

A plataforma “Hosteleros, autónomos y empleados” foi quen impulsou o diálogo entre o colectivo e o goberno fenés. Cada día son máis nesta unión, en menos dunha semana conseguiron formar un grupo de 200 persoas que loita pola supervivencia de moitos locais, mais tamén de todas as familias que hai detrás. Un dos impulsores, o taxista Luis López comenta a importancia de chegar a máis xente pero pon especial atención nos empregados.

A unión fai a forza. Autónomos, hostaleiros e empregados de Fene están máis unidos agora que nunca.

Sociedade

Publica o teu comentario agora