Certame en Facebook, twitter e Instagram

Certame en Facebook, twitter e Instagram
13 de Maio, 2022 - 12:48 h. | Publicada por Radio Fene

O colexio Centieiras de Perlío realizou esta mañá os Maios. Educacion Infantil e Primaria bailaron e cantaron na Praza Ramón Souto de Fene arredor das construcións vexetais tipicas da data.Radio Fene abre hoxe o seu Certame das Letras Galegas. Estará operativo ata as doce da noite do martes 17 de maio. Tres lotes de libros sortearanse entre as persoas participantes. Podes contestar ás preguntas que iremos facendo a través dunha nota de audio ao 659 193663, facéndote amigo de A Fenestra de Radio Fene en Facebook, Radio Fene en Instagram, Radio Fene ou Radiofusionga en Twitter.

Fotografía Xan Xe

Iremos facendo diferentes preguntas sobre o Dia das Letras Galegas e en torno a Florencio Delgado Gurriarán, o escritor ao que se lle adica este ano o 17 de maio. 

 

Na imaxe, o Colexio Centieiras de Perlío na Praza Ramón Souto de Fene. (Fotografía Xan Xe Corral)
 

Cultura

Publica o teu comentario agora