ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O vindeiro sábado día 10 de maio celébrase o Día Internacional do Comercio Xusto, aquel que retorna unha compensación apropiada aos produtores; que crea oportunidades en comunidades con desvantaxes económicas; que garante condicións de traballo dignas; e que permite o desenvolvemento dun modo respectuoso co medio, entre outras moitas definicións. Durante toda esta semana as oenegués lucenses A Cova da Terra
A ONG’S lucenses, A Cova da Terra e Taller de Solidariedade organizan, ao longo desta semana, unha serie de actividades arredor do Comercio Xusto que culminarán o día 10 coa celebración dun Mercado Popular na Praza Maior de Lugo en horario de 10.00 – 20.00hr.
Baixo o lema “Mellora o mundo, consome xusto”, A Cova da Terra e Taller de Solidariedade coordinan unha feira na que haberá postos de venda de artigos do Comercio Xusto, produtos locais, artesanía, asociacións, mercado de troco, xogos, teatro e música.
A proposta, que vai polo seu terceiro ano, promove a construción colectiva dun espazo de intercambio dentro dun comercio alternativo: con prezos xustos, sen intermediarios e baixo unha produción e consumos responsables. O día 10 a economía real, a de sempre, a non especulativa nin abusiva, sairá á rúa, propoñendo a produtores e consumidores outro xeito de intercambio.
O Mercado debe ser útil para visibilizar experiencias e amosar alternativas. Ademais, o propio día 10, distintos establecementos hostaleiros situados na Praza Maior colaborarán co festexo ofrecendo na súa carta café natural de Nicargua procedente do Comercio Xusto.
Así mesmo están previstas outras actividades nesta semana:
- O día 6 ás 20.00 no local da Cova da Terra presentaranse en Lugo dous proxectos de comercio xusto no sector téxtil, feitos dende Galicia:
- Cestola na Cachola. Economía social dende a pintura. Interveñen Xoana Almar e Raquel Doallo.
- Roupa feita con amor. Taller de Solidariedade. Intervén Ana Silva Romero.
- O día 07 ás 20.30 proxectarase a película documental “China Blue”, sobre as condicións laborais nunha fábrica de pantalóns vaqueiros. Tralo visionado da película abrirase un espazo para o debate. Será tamén no local da Cova da Terra.