Chamada de atención

Contra o sedentarismo
30 de Setembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Saúde e exercicio físico van ligados. O sistema sanitario non se poderá soster no futuro cun modelo centrado só en curar e non na prevención. Trataríase de traballar os hábitos de vida para evitar a aparición de trastornos, explicou en Radio Fene o psicólogo e adestrador físico José Barcia. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

Desde a OMS advirten da urxente necesidade de loitar contra o sedentarismo. Consideran prioritario establecer políticas públicas de prevención, nas que se fomente a actividade física. Para a sociedade as vantaxes están claras: redución de hospitalización, de mortes prematuras asociadas aos hábitos de vida pouco saudables e de baixas laborais. Beneficios para o conxunto da comunidade e tamén para as persoas desde o punto de vista individual. A actividade física mellora nas persoas a percepción de benestar, ademais da auto-estima, o rendemento académico e o estado de ánimo. 

 

Fotografía Xan Xe

Andaina por máis vida. Fene, 2023.

Sociedade

Publica o teu comentario agora