Chapela de novo contra a ampliación da autoestrada a Vigo

Chapela de novo contra a ampliación da autoestrada a Vigo

27 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Chapela demanda na rúa a paralización do proxecto de ampliación da autoestrada. Por terceira vez en dúas semanas os veciños da parroquia están convocados a participar nunha nova protesta contra o proxecto de ampliación da AP-9. A manifestación sairá ás 20:00 horas dende o pavillón da parroquia e percorrerá a Avenida de Redondela ata o límite con Teis. Dende alí regresará a

As manifestacións están convocadas pola asociación de afectados pero contan co respaldo doutros colectivos de Chapela entre os que se atopa a asociación de veciños. A súa presidenta, Angeles Mendez, rexeita “calquer tipo de ampliación polas afeccións que terá sobre a parroquia” e demanda dos responsables políticos “solucións alternativas que eviten a ampliación da vía”. Entenden que o futuro plan de trasporte para a área metropolitana así como outros proxectos de infraestructuras fan innecesario acometer este proxecto.

A asociación veciñal pide ademais que se realice un estudo de impacto ambiental máis amplo onde se valore ademais da ocupación de terreos cuestións como “a contaminación acústica que provocaría unha autoestrada con maior tráfico, as afeccións nos ríos ou o risco de contaminación dos bancos mariqueiros”. Lembran ademais que o trazado da vía discurre por un espazo protexido da rede natura.

Institucional