ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fene co Charanguista Andino fíxose por segundo ano co título de mellor mural do mundo. A plataforma Street Art Cities informou da corrección realizada. A semana pasada finalizou a cuarta edición do certame. Descubriron que algúns usuarios utilizaron métodos irregulares para inflar o número de votos. Street Art Cities, tras limpar os resultados, anuncia que o mellor mural do mundo na categoría de elección do público, é o Charanguista Andino, realizado en Fene polo artista chileno Cristobal Persona.
O Charanguista Andino representa a un músico dos Andes. Reivindica o valor da música tradicional pero tamén supón un eloxio ao papel da emigración na extensión da educación na Galicia de comezos do século XX. O mural situase en fronte da escola Concepción Arenal, construida en 1916 coa aportación económica dos emigrantes de Fene en América.
Publica o teu comentario agora