Charla sobre comunicación e resolución de conflitos en Soutomaior

Charla sobre comunicación e resolución de conflitos en Soutomaior

26 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O multiusos de Arcade acolle esta tarde unha conferencia que, baixo o título “Emitindo para toda a galaxia”, pretende achegar aos asistentes diferentes métodos que lles permitan potenciar as habilidades de comunicación como unha ferramenta fundamental para a resolución de conflitos no día a día.

A psicóloga e terapeuta familiar, María Martínez Conde, explicará a importancia de desenvolver unha boas estratexias de comunicación para fomentar relacións satisfactorias e saudables tanto no ámbito das amizades, da familia, da parella ou mesmo no contexto laboral. Estratexias nalgúns casos tan sinxelas como incrementar a capacidade de observación, participar dunha escoita activa ou prestar unha maior atención á linguaxe corporal.

Unha charla que organiza o Centro de Información á Muller (CIM), orientada para o todo o público en xeral hoxe xoves ás 19:00 horas no Multiusos de Arcade.

Sociedade