Chega ás librarías a obra de Durán Medraño que gañou o Ramón Piñeiro de Ensaio

Chega ás librarías a obra de Durán Medraño que gañou o Ramón Piñeiro de Ensaio

02 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

A obra gañadora do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2013, 'Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx' preséntase hoxe ás 20 horas na Libraría Pedreira de Santiago. Intervirán, ademáis do autor, José Mª Durán Medraño, Manuel Fernández Pellicer, delegado xeral en Galicia de Gas N

En "Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx", o autor establece un vencello entre a teoría do valor do traballo e o pracer empregando as acheas recentes do pensamento para subliñar a dimensión creativa e estética do traballo, ademais da social.

O xurado, formado por Luís Alonso Girgado, Carlos Lema, Dolores Vilavedra, Marilar Aleixandre e Xaime Subiela (gañador este último da pasada edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio pola obra "Para que nos serve Galiza?"), recoñeceu así os méritos dunha obra na que se valoraron tanto a exposición e a análise das ideas como o rigoroso labor de argumentación dunha peza escrita desde unha perspectiva orixinal e provocadora. polarizaba lo mejor del pensamiento y del espírito gallego e irradiaba nuestra cultura más allá delos límites colectivos”. 

Cultura