Chega o Felicia

Chega o Felicia
24 de Xullo, 2026 - 01:19 h. | Publicada por Radio Fene

Vinte oito anos cumpre o festival Felicia Pop que converte a Hortiña de Limodre nun gran reclamo para os amantes deste xénero musical. Ano tras ano chega o público a Limodre para gozar da música de grupos da comarca, de España e tamén doutras latitudes. Este ano actuarán, por exemplo, algunhas bandas procedentes dos Estados Unidos ou de Italia, informou Nicolás Vidal.

 

ESCOITA O PODCAST:

O Felicia Pop é unha cita musical imprescindible do verán de Fene. Leva case tres décadas atraendo o interese de moita xente grazas a iniciativa e o esforzo da Asociación Cultural Felicia, que conta co apoio do Concello de Fene. Os concertos este ano serán os días 31 de xullo, venres, e o 1 de agosto, sábado, pero para abrir boca o xoves día 30 farase unha presentación, con entrada libre, na cantina da Escola de Limodre, coa participación da actriz Isabel Risco e da banda compostelá Que Vida! 

The Homens volven actuar no Felicia, na sesión vermú programada para o sábado, con entrada libre. Bluesons, Lunamotos, Radio Days (de Milán), The Magnolias (Minneapolis) The Peawees (tamén de Italia) son os grupos que pasarán polo escenario do Felicia o venres. Para o sábado o cartel inclúe as actuacións de Todo el largo verano, Bule, Lolas (de Alabama) especialmente recomendada por Nicolás Vidal, unha das grandes sorpresas será a actuación de grupo de Castellón Mi vida Rosa (que pelexan no xulgado para recuperar o seu nome, Los Romeos) e o cartel complétase con The Meows, de Barcelona.

Cultura

Publica o teu comentario agora