A chegada dos grelos

A chegada dos grelos
30 de Decembro, 2020 - 09:33 h. | Publicada por Radio Ordes

Para despois de Reis agárdase a chegada dos primeiros grelos. Poderase entón preparar o lacón con grelos. O lacón sempre foi xantar de paisano, que usaba o xamón para agradecer as recomendacións, para abrir as portas dos poderosos ou para vendelo. O lacón quedaba sempre na casa, moitas veces para o Entroido a cocer con grelos, cando xa medraran os talos renovados do nabo, sempre con chourizos. O lacón hai que mimalo.

24 de febreiro de 2019. Festa do Lacón con grelos. O Mesón do Bento. Ordes

O grelo é a folla do nabo xa madura. É a máis enxebre das mantenzas deste vello país, onde todos devecemos pola folla da Brassica napus esculenta. Cóntase dunha lei non escrita que permite coller unha manda de grelos para facer o caldo dun campo veciño, a aqueles que non teñan sementado nabos. Os grelos son unha das máis firmes columnas da nosa culinaria, segundo aseguraba o doutor Fausto Galdo no seu Abecedario das mantenzas (Xerais, Vigo, 2012)

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora