ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Fene acollerá dúas funcións do Festival Internacional de Entes Animados. A concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, representou ao Concello de Fene na presentación pública do evento que ofrecerá unha vintena de funcións de compaías iternacionais nos oito concellos participantes.

Ángeles Coira aplaude a idea de ampliar a programación con actividades complementarias. En Fene o Festival Internacional de Entes Animados ofrecerá dous espectáculos, con entrada de balde. Serán os venres 18 e 25 de setembro, ás 20 horas. A primeira función terá lugar este venres no local da SCRD Agarimo de Sillobre e terá como protagonista á compañía Histeroscopio Teatro (Portugal) co espectáculo “A galiña dos pitinhos de ouro”. O venres 25 de setembro, o Festival Internacional de Entes Animados trasladarase ao local da AVV Santa Eulalia de Limodre, coa función de teatro de sombras con música de “O burro errante” da compañía Habid e Valeria de Brasil.
O VIII Festival Internacional de Entes Animados celébrase neste mes de setembro en distintos concellos da bisbarra. Sete compañías procedentes de Reino Unido, Dinamarca, Portugal, Brasil, Arxentina e Galicia achegaranse até os concellos de Fene, Ares, Ferrol, Miño, Narón, Neda e Valdoviño, xunto coas asociacións Canido AC (Ferrol) e AC Apelón Educación (Mugardos) para presentar os seus espectáculos. O Festival Internacional Entes Animados desenvolverase ata o 27 de setembro.
Publica o teu comentario agora