Chegaron: bicos e bágoas no Ceip O Feal de Narón

Chegaron: bicos e bágoas no Ceip O Feal de Narón

23 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O colexio O Feal de Narón é unha festa. Pais de alumnos, profesores, dirección e estudiantes recibiron ás oito e media desta mañá aos estudiantes chegados de Irlanda tras tres dias de viaxe. Permaneceron atrapados na illa polo bloqueo do espazo aéreo, pero agora todo xa é recordo.

En todo momento, nos tres dias que durou a odisea do retorno, as profesoras mantiveron o contacto vía Internet co centro escolar, enviando a bitácora minutada do que lles acontecía. Esta era a última crónica enviada por Sonia Álvarez, onte mesmo dende Burdeos:

"Ás 3 PM por fín poñemos pé no continente.
Seguimos en bus:Au revoir París, paramos a cear nunha área da autopista, chegamos a Burdeos ás 5 da mañán. Sen comentarios. O autobús non pode poñerse en marcha ata 11 horas despois da sua última parada. Estimo a chegada a Narón sobre as 9 da mañán do venres.Neste tempo... qué séi eu que podemos facer, veremos o centro histórico de Burdeos, podemos visitar a igrexa e poñer unha vela a San Antonio, comeremos e celebraremos o aniversario de Miguel Hermida. Non é o único que non pode celebralo con familiares e amigos, eu tamén perdín o da miña filla Martina o sábado pasado. Un bico moi forte para ela dende aquí.Vou ver como están os “bellos durmientes”, que ás 12 hai que abandonar o cuarto. Xa queda menos!  Aquí chove, despois de 10 días de sol.” 

6000 € custou ao colexio O Feal o aloxamento e a viaxe de volta do grupo, un orzamento extraordinario que a directora remitirá á Dirección Xeral de Centros para ver de recuperalo. Pero, que importan os cartos cando chegaron sans e salvos ao destino.

Sociedade