Chegou a primavera a Maniños

Chegou a primavera a Maniños
20 de Marzo, 2023 - 11:07 h. | Publicada por Radio Fene

O equipo filial do Cultural Maniños engancha dúas vitorias consecutivas. Onte domingo logrou os tres puntos na súa visita ao campo do Cadaval en Narón. Estrella 0 - 1 Maniños B. "Insistimos en buscar combinacións, ter posesión do balón, en seis toques chegamos á portería contraria e Cristofer desmarcouse e definiu no minuto sesenta e catro" manifesta o adestrador Michel Rodriguez.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

O Maniños B ocupa  a segunda posición do grupo con nove puntos, a tres do primeiro, o Eume B. 

Deportes

Publica o teu comentario agora