Choco na tinta

Os chocos están en sazón desde comenzo do inverno ata ben entrada a primavera. Depende da ría.
27 de Marzo, 2019 - 10:07 h. | Publicada por Radio Fene

O choco é un cefalópodo semellante á xiba pero de menor tamaño. O latino Ovidio dedicoulles versos, Aristóteles estuda o seu particular apareamento. Durante o Renacemento tíñannos polos escribáns do mar, dado que teñen tinta e pluma.

As cunchas que teñen no lombo os chocos usáronse como medicina, para branquear os dentes e devecían por elas os prateiros composteláns para moldes de medallas.

Cocíñanse guisados con arroz branco ou en empanada. Sazonados coa súa tinta merecen a estima entre as xentes de bó padal. Tanto os chocos como as xibas teñen oito brazos curtos e dous longos. Móvense nadando entre as augas ou botandoa a presión por un sifón. Utilizan a tinta para agocharse dos seus nemigos.

Chocos e xibas son un luxo da cociña, tanto se proceden de Redondela como da ría de Ferrol.

"Que blanca lleva la falda/ la niña que se va al mar! Ay niña no se la manche/ la tinta del calamar" Versos de Rafael Alberti.

Cultura

Publica o teu comentario agora