Chove sobre mollado

Chove sobre mollado
16 de Febreiro, 2026 - 01:24 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene mantén a vixilancia sobre o río Cádavo ante as intensas chuvias rexistradas nos últimos días. O concelleiro de Servizos, Adán Chao, informou da situación e os traballos que leva a cabo o Concello para previr inundacións.  

ESCOITA O PODCAST:

Co traballo do persoal municipal, a situación está controlada, informou o concelleiro Adán Chao. O río Cádavo vai crecido e onte á noite a auga chegou á rúa San Salvador por causa da caída dun tronco que atascou o cauce. O concelleiro manifestou que non houbo maiores problemas a pesar da gran cantidade de auga caída nas últimas semanas. Destacou Adán Chao a eficacia do plan de limpeza do río executado hai uns meses. Iso unido ao gran labor de limpeza que se puido facer logo da compra dunha parcela en Perlío favoreceu que este inverno non se produciran inundacións, sinalou o responsable municipal de Servizos.

O Cádavo é un dos ríos galegos en fase de preemerxencia con aviso laranxa. Na mesma situación están, no norte da provincia de A Coruña o Xubia (San Sadurniño) Condomiñas (Cedeira), Mera (Ortigueira) e o rego das Mestas (Valdoviño). Tamén na provincia da Coruña están nesa situación o Mandeo (Aranga), Mendo (Betanzos), Mero (Cambre), Barcés (Abegondo), Balsa (Cabana de Bergantiños), Valiñas (Culleredo), Cambeda (Vimianzo), Tambre (Oroso), Tambre (Trazo). En Pontevedra o  Gallo-Umia (Cuntis), Lérez (Pontevedra), Miñor (Gondomar), Lagares-Cabral (Vigo). E en Ourense o Miño. Máis perigosa aínda é a situación do Mandeo no concello de Coirós, onde hai risco elevado de desbordamento polo que o nivel é vermello. 

Institucional

Publica o teu comentario agora