Churrasquiño e natación

Churrasquiño e natación
05 de Xuño, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Nadar na piscina ou facer un churrasco nas barbacoas son algunhas das moitas opcións que ofrece ao seus socios o Círculo Mercantil  e Industrial Unidade de Fene. A súa presidenta, Paula Romero, fálanos das ventaxas e características da campaña de captación que teñen en marcha.

ESCOITA O PODCAST:

“Agora mesmo estamos cunha campaña de captación de socios. Págase unha cota por familia. Da igual que sexan tres ou cinco. O que farían se se asocian nesta campaña é non pagar a cota de entrada que ten a sociedade senón as que restan ata finais de ano”, explica Paula Romero, a primeira muller que está ao fronte desta entidade fenesa. Ademais das actividades estables ao longo de todo o ano como o grupo de teatro, a rondalla ou a escola de fútbol sala, un dos principais reclamos de ocio é a piscina. O vindeiro 10 de xuño abren as instalacións exteriores. "Temos piscina e unha zona de barbacoas para que poidan facer o seu churrasquiño”, lembra a presidenta do CMIU.

Na imaxe, Paula Romero, presidenta do Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene.

Fotografía: Xarda.

Sociedade

Publica o teu comentario agora