ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non puido acabar mellor a Liga o Perlío B. Vitoria por goleada. Libunca 0-6 Perlío B. Goles de Pedro (2), Samuel, David, Martin e Yago. O adestrador, Gonzalo Beceiro, fixo balance en Radio Fene. Do partido e da tempada, e aproveitou para felicitar ao equipo feminino do club polo logro de disputar a final da Copa.
“Finalizamos con vitoria fóra da casa, o que máis nos custou toda a tempada”, di o técnico dun partido que o Perlío dominou con claridade. Marcou cinco goles antes de chegar ao descanso. No resumo da tempada, pensa que se puideron facer mellor as cousas, pero tamén hai aspectos positivos no seu balance. “Os rapaces acadan nota suficiente, conseguimos un ascenso e que algún xogador debutase no equipo A”. Logo de aprobar este ano, Gonzalo Beceiro xa pon deberes para a vindeira tempada. “Teremos que dar un salto de calidade e compromiso moi grande”, ambiciona.
Publica o teu comentario agora