ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A incomparable luz da Coruña, é coma se os ollos puidesen tocar seda, en palabras de Álvaro Cunqueiro. Para Miguel González Garcés, Coruña é paisaxe ela mesma. Campo, mar, cristal, alegre luz. Verde de árbores, azul de mares. Esbelto perfil tendido, tallado por brisas e luces. O mar conforma a cidade.
Na dársena, niño de pequenas embarcacións, refléxanse os cristais e as luces da Coruña. Ela mesma, mar.
As galerías da Dársena representan a utilización do cristal a gran escala na arquitectura moderna. Son cámaras de ar cálido que actúan como invernadeiro, refuxio luminoso contra o vento e a choiva, panal de luz. A fachada principal das casas daba á rúa Rego de Auga,sendo o cristal empregado para a parte traseira das vivendas.
Publica o teu comentario agora