Ciencia, cooperación e acuicultura resiliente

Ciencia, cooperación e acuicultura resiliente
01 de Agosto, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Hoxe falamos do cambio climático e o mar.

ESCOITA O PODCAST:

As nosas rías e costas atlánticas están a experimentar cambios que afectan directamente á acuicultura, un sector clave na nosa economía e na nosa alimentación. Para afrontar estes retos nace CLIRAQUA, un proxecto que aposta pola ciencia, a cooperación europea e a innovación para facer a acuicultura máis resiliente.

Para coñecelo mellor acompáñanos o doutor Javier Cremades Ugarte, catedrático de Botánica, investigador do grupo BioCost no CICA da Universidade da Coruña e un dos responsables deste proxecto europeo.

CLIRAQUA creará un repositorio de datos climáticos e ecolóxicos para xerar mapas interactivos de vulnerabilidade, implementará protocolos de xestión adaptativa para produtores e organismos gobernamentais, desenvolverá un sistema de alerta temperá para enfermidades asociadas a cambios de temperatura e salinidade e establecerá unha Rede Transnacional de Resiliencia da Acuicultura para facilitar a adopción das mellores prácticas.

Unha enorme cantidade de coñecementos e ferramentas que estarán a disposición para as persoas investigadoras pero tamén para todo o sector da acuicultura.

Sociedade

Publica o teu comentario agora