A ciencia do mar ao descuberto en Sada

A ciencia do mar ao descuberto en Sada

16 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Sada

Durante todo o mes de agosto diferentes lugares da xeografía galega estanse a converter nun pequeno laboratorio de investigación en ciencias e tecnoloxías mariñas co que o Campus do Mar pretende invitar aos cidadáns a coñecer o mar en profundidade. Os participantes en “Mergúllate no Océano” que acudan ás sesións programadas hoxe venres e mañá sábado na localidade coruñesa de Sada poderán sent

“Mergúllate no Océano” concíbese como un recinto expositivo duns douscentos metros cadrados de extensión no que, a través de oito obradoiros, descubriremos por exemplo de onde procede o peixe que comemos habitualmente, como funcionan as correntes mariñas, que hai nunha pinga de auga de mar ou a importancia que teñen as dunas. Os monitores, expertos en divulgación, buscan en cada unha das actividades implicar ao público asistente e espertar a súa curiosidade formulándolles pequenos retos para que, como fan día a día os investigadores, podan chegar a descubrir o funcionamento do mar e dos seres que o habitan.

Aqueles que queiran participar nesta experiencia recibirán á entrada un pasaporte que deberán ir selando en cada un dos obradoiros a medida que van completando as diferentes actividades propostas, que abranguen ámbitos tan variados como a Ecoloxía, a Bioloxía, a Oceanografía ou as tecnoloxías aplicadas ao medio mariño. Unha vez acaden todos os selos serán xa uns auténticos científicos mariños e poderán cambiar o seu pasaporte por un pequeno agasallo á saída.

Os obradoiros de Mergúllate no Océano estarán abertos ininterrompidamente entre as 11 e as 20:30 horas, con entrada libre para todos os interesados en aumentar o seu coñecemento sobre o medio mariño e pasar un bo rato aprendendo.

Sociedade