A ciencia do tempo

A ciencia do tempo
20 de Abril, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Nova cita en Fene do ciclo Contando Ciencia. A protagonista este xoves vai ser a meteoróloga Beatriz Hervella. Estará na Casa da Cultura para participar no ciclo de divulgación científica. Falará do cambio climático que xa se está a apreciar en Galicia, segundo avanzou a Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:

Beatriz Hervella foi unha cara coñecida da TVG onde daba a información do tempo dentro do equipo de Meteogalicia. Traballou tamén en 4gotas, entre outros lugares, e actualmente faino na área internacional da Axencia Estatal de Meteoroloxía, que ten o seu centro territorial para Galicia na Coruña. Esta meteoróloga afirmou que facer predición do tempo en Galicia é moi interesante. Polos microclimas que temos e porque somos os primeiros en recibir as borrascas procedentes do Atlántico. Cando non había tantos medios, era moi útil para o resto de Europa coñecer o que pasaba en Galicia. Este xoves, as sete e media  da tarde, na Casa da Cultura, intervención da meteoróloga Beatriz Hervella. Dentro do Ciclo Contando Ciencia que organiza O Segrel do Penedo do IES de Fene contando coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora