Ciencia en feminino

Ciencia en feminino
11 de Febreiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un gran submarino de cartón lembra á inventora do periscopio, Sarah Mather, no colexio de Centieiras, en Perlío. Construírono nenas e nenos, de 3 a 12 anos, coa arquitecta Laura Rey Rico como guía. A profesora Andrea Fernández explica que a intención deste proxecto foi “espertar vocacións femininas na ciencia”.

ESCOITA O PODCAST:

“As mulleres son as grandes esquecidas na ciencia”. Sarah Mather é unha desas científicas esquecidas que o alumnado de Centieiras coñeceu este curso. “Foi moi instrutiva para eles e tamén para min”. Así fala da experiencia Laura Rey Rico, que colaborou neste e outros proxectos do colexio plurilingüe de Centieiras, onde o seu fillo cursou a primaria. Guiados por ela todo o alumnado colaborou na construción do gran submarino dotado de periscopio que loce no vestíbulo do centro educativo para orgullo e goce dos seus autores. 

“Chama moito atención, non lle falta detalle, hoxe está sendo un lugar de xogo”, explica Andrea Fernández. O Colexio plurilingüe Centieiras de Perlío celebra este mércores, 11 de febreiro, o Dia da Muller e da Nena na Ciencia con este proxecto para achegar o alumnado as mulleres científicas, como explicaron en Radio Fene a profesora Andrea Fernández e a arquitecta Laura Rey Rico.

Sociedade

Publica o teu comentario agora