ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha curtametraxe de ciencia ficción en galego. Ese é o proxecto que queren levar adiante os de Lámbrica Producións. Solicitan axuda a través do micromecenato ou financiamento colectivo na páxina web de https://www.verkami.com/projects/34629-heliotropo-cine-de-ciencia-ficcio...
Heliotropo presenta un futuro distópico no que uns extraterrestres invaden o planeta e comezan a terra-formalo para facelo habitábel para eles mesmos. A humanidade, tras intentar enfrontalos e fracasar nun primeiro momento, comeza a descender nunha espiral de desesperación e decadencia. Esther, unha rapaza que perde á súa nai na invasión, vai apañando para sobrevivir, pero non pode evitar descender ela mesma tamén aos infernos da corrupción moral aínda tendo nas súas mans o artiluxio que podería salvar o planeta. Ante esta nova esperanza, aparece o Redentor Vermello, unha figura ambigua e controvertida, que intentará liderar ao que queda da humanidade cara a salvación.
Publica o teu comentario agora