Ciencia nos bares

Ciencia nos bares
13 de Marzo, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Sentes curiosidade polo cosmos? Queres saber máis do tema da evolución? Por que a cervexa sabe así de ben? Moitas destas preguntas teñen respostas. Unha iniciativa trae a mentes punteiras para compartir coñecementos. Pint of Science Festival celebrarase en Ferrol entre o 13 e o 15 de maio. É un evento de índole internacional que invita a investigadores a un formato accesible a todos os públicos. Organízanse charlas nos bares.

ESCOITA O PODCAST:

Carolina Martinez e Mercedes Pereira falan de Paint of Science en Ferrol:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/120324MARTINEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

O evento Pint of Science coincide en toda Europa entre o 13 e o 15 de maio. Un total de seis persoas participarán nas sesións en tres bares de Ferrol, o Quinze café na rúa Real, 69, Cuerda Floja na rúa Espartero e Monique cofee na rúa Taxonera. Dos diferentes centros de investigación, da universidade e de empresas ofrecerán coñecementos sobre intelixencia artificial, polímeros, química ou enfermería. É o que lle chaman ciencia de quilómetro cero, apunta a enxeñeira Carolina Martinez.  Sobre fotóns impartirá unha charla Jesika Asatryan, Mariola López falará de mercadorías marítimas, Manuel Romero sobre impresión en 3D de plantillas para os pés, Ana Alvarez sobre adhesivos no sector naval, David Vilela sobre intelixencia artificial e Salvador Naya sobre datos e estatísticas. Podemos aprender moito da industria e da ciencia, segundo unha das organizadoras, a química Mercedes Pereira. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora