A CIG presenta 356 apoios de equipos de normalización galegos que piden a permanencia do decreto para o galego no ensino

A CIG presenta 356 apoios de equipos de normalización galegos que piden a permanencia do decreto para o galego no ensino

14 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O sindicato CIG-Ensino entregou hoxe no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un documento avalado polas sinaturas de 356 equipos de normalización lingüística de centros de ensino públicos no que reclaman "que se manteña e se defenda" a lexislación vixente en materia lingüística e evitar a derrogaci&o


O secretario nacional do sindicato 'nacionalista', Anxo Louzao, destacou que este estrito reivindicativo "ten un aval importante" xa que conta co apoio "do profesorado e dos profesionais non docentes" que representan "cerca dun 50 por cento dos equipos de normalización lingüística". Así, aclarou que esta iniciativa serve para contestar a "unha das primeiras medidas" do novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sexa a "derrogación da protección do idioma" e criticou que "en lugar de ascendelo" mostre "intencións de modificalo --a lexislación do galego-- á baixa".

Os equipos de normalización asinantes do escrito móstranse "en contra de que se dean pasos atrás, non están dispostos" e esixen que "se cumpra a normativa" vixente "que xa se contempla no Estatuto de Autonomía" e na Lei de Normalización Lingüística "que se aprobou no Goberno do PP de xeito consensuado e unánime no Parlamento galego".

 

Sociedade