CIG-Saúde reclama rematar coa “clandestinidade” das peonadas no Sergas

CIG-Saúde reclama rematar coa “clandestinidade” das peonadas no Sergas

26 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

“Nos últimos meses a Consellería de Sanidade comezou, ás agachadas, a restaurar o sistema de peonadas” na rede do Sergas. A CIG revelou un documento que, segundo explican os seus responsables na adminsitración sanitaria, confirma a “autoconcertación” de tarde nos hospitais, isto é os servizos extraordinarios que os equipos sanitarios acordan realizar, e cobrar, fóra do horario estipulado polas mañás. Tralo cambio de Gober

Segundo o sindicato, o documento “clandestino” é “malo e contraditorio, e a súa redacción é confusa; nel, o concepto de “consulta de alta resolución”, que pretende ser un dos elementos centrais do documento, é abordado dun xeito especialmente confuso”. Ademais perpetúa “ a posibilidade de negociacións individuais cos distintos profesionais e servizos, por parte das direccións dos hospitais”. Un dos portavoces da CIG, Francisco Vázquez, reclamou á conselleira de Sanidade Pilar Farjas que remate coa ocultación a respecto deste tema, e que o trate na mesa sectorial como a cuestión laboral que é.

Para a CIG, a existencia dun regulamento agochado para as peonadas demostra que a Xunta “carece dunha alternativa coherente para afrontar as listas de espera mediante a existencia de traballo estrutural de tarde nos hospitais”. A este respecto, a responsable de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, criticou a estratexia de comunicación e publicidade da Consellaría de Sanidade ao entender que teima na existencia dun “abuso” do sistema por parte dos usuarios para xustificar nun futuro a implantación do “copago” no servizo público.

Sociedade