ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Goente organiza neste mes de outubro un evento adicado ao mel. A Casa do mel desta parroquia das Pontes (A Coruña) acolle dende o 20 ata o 25 de outubro ás X Xornadas apícolas do Eume. O programa inclúe cata de mel, obradoiros e conferencias.
Os obradoiros de cera e mel, para escolares abren dende o 20 ata o 22 de outubro as xornadas apícolas. Nos talleres aprenderanse os métodos de extracción e envasado do mel e a elaboración de candeas e frores con cera de distintas cores. Ademáis haberá proxeccións de videos apícolas, daranse a coñecer programas informáticos sobre a vida da abella e unha degustación do mel con outros produtos da comarca.
A conferencia “ O mel na cociña galega” levarase a cabo o 23 de outubro por parte de Antonio Díaz Calvo, propietario do restaurante Andarubel sito nas Fragas do Eume. A segunda cata de meles terá lugar o 25. As mostras presentaranse ao concurso en botes de mil gramos baixos sen etiqueta. O mellor mel claro e oscuro levarán diploma de recoñecemento.
O 25 de outubro rematan as xornadas coa segunda das conferencias “cocinando con mieles deTenerife” conducida polo restaurador Pedro Rodríguez Dios. Presentaranse pratos feitos con este produto e entregaranse galardóns aos mellores meles.
Todas as actividades destas X Xornadas apícolas do Eume desenvolveranse na Casa do Mel de Goente. A cita, dende o 20 ata o 25 de outubro.