Cinco María Casares premian “Perplexo” de IlMaquinario como a obra do ano no teatro galego

Cinco María Casares premian “Perplexo” de IlMaquinario como a obra do ano no teatro galego

27 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Os XIX Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadores. A obra  ‘Perplexo’, de IlMaquinario Teatro, fíxose con cinco galardóns María Casares, incluíndo mellor dirección e espectáculo. ‘Ultranoite no país dos ananos’, de Chévere, logrou tres premios, mentres que '

Os resultados ao detalle dos XIX Premios María Casares deste 2015 foron os seguintes:
Perplexo (IlMaquinario Teatro)  5 premios: mellor vestiario (Yaiza Pinillos), mellor iluminación (Tito Asorey e Germán Gundín), mellor adaptación-tradución (Catuxa Pato e Tito Asorey), mellor dirección (Tito Asorey), mellor espectáculo. 
Ultranoite no país dos ananos (Chévere) 3 premios: mellor música orixinal (Xacobe Martínez Antelo),  mellor texto orixinal (Manuel Cortés), mellor actor secundario (César Goldi)
Kassa (Elefante Elegante) 1 premio: mellor escenografía   (Carolo Losada Soto)
Pequenas certezas (Sarabela Teatro) 1 premio: mellor maquillaxe (Raquel Fidalgo)
PAN! PAN! (A Panadaría) 1 premio mellor actriz secundaria (Areta Bolado) 
O feo (CatroCadeiras):  1 premio mellor actor protagonista (Machi Salgado)
Meu Ben (Eme2): 1 Premio mellor actriz protagonista (Elina Luaces)
A casa do avó (Tanxarina): 1 Premio mellor espectáculo infantil
Victoria Pérez, vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galiciai (AAAG) foi  a encargada de ler o discurso asinado pola Directiva da citada asociación durante a gala. Ao comezo da súa intervención, agradeceulles ás institucións e entidades que colaboraron na organización dos premios por seren “compañeiros de viaxe”. Acto seguido, Pérez deulle á benvida a todos “á festa do Teatro” e sinalou que “dende o amor ao teatro defendemos que as condicións do traballo sexan boas, que as emocións non teñan incomodos prescindibles”. O discurso lembrou que na actualidade a AAAG está a negociar o 2º Convenio de Teatro de Galicia e seguindo de preto a negociación do Convenio do Audiovisual. Nesa mesma liña, lembrouse que a AAAG vén de incorporarse a CONARTE, confederación que engloba ás asociacións de actores e actrices do estado español e lembrou unha vez máis a importancia dos convenios. “Porque queremos facer o noso traballo ben e en boas condicións. Queremos facer bos espectáculos e presentallos ao noso público como se merecen. Por iso a importancia do convenio, porque o seu cumprimento leal favorece a todo o mundo: a súa defensa é a defensa do noso traballo”, sinalouse no discurso. Neste sentido, a directiva da AAAG defendeu tamén unha das armas máis importantes que todos temos: “Dicir non”.  “Dicir NON cando se pretenda que traballemos, non por debaixo do convenio, por debaixo do mínimo. Pódese dicir NON”, sentenciouse no discurso. 
Por outra banda, na intervención tamén houbo espazo para as reinvidicacións. En primeira instancia, esixiuse un “trato axeitado por parte da TVG”. “Cremos na necesidade de que a retransmisicón desta gala non sexa a horas somnámbulas, porque a facemos para visibilizar o noso oficio como parte esencial da cultura”.  O discurso tamén se referiu ás autoridades políticas. “Vimos dunha travesía con moito mar de fondo, cun conselleiro de Cultura e Educación que non só navegou en sentido contrario á cultura, senón que nos condenou á deriva”, sinalouse no discurso, que tamén convidaba ao novo conselleiro de Educación a que “se mergulle na Cultura, que viaxe con nós coa confianza que outorga saber da nosa valía como mariñeiros e mariñeiras experimentadas”. Finalmente, convidárono a pronunciar unha frase: “Creo na cultura deste país”. 
Cultura