ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene abre o prazo para participar no XXIX Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”. A contía dos premios ascende a 5.000 euros, a repartir entre as categorías Curuxa, Curuxa Nova e Caricatura.
Convocados os Premios Curuxa do Museo do Humor Xaquín Marín. O Concello de Fene informa da apertura do prazo para presentar obras a unha nova edición dos Curuxa unha vez publicado o extracto das bases no Boletin Oficial da Provincia. Novamente, nesta edición, haberá tres categorías: Curuxa, para maiores de 25 anos; Curuxa Nova, para persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos; e Caricatura, na que poderán participar debuxantes a partir dos 16 anos. Como novidade, estipúlase nas bases que “calquera obra creada total ou parcialmente coa axuda da intelixencia artificial quedará automáticamente excluida do certame.
Os orixinais poderán presentarse até o vindeiro 31 de maio.
Na imaxe os gañadores dos Curuxa 2024.
Publica o teu comentario agora