ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Revolvémonos contra a violencia machista que segou a vida de cinco mulleres en Galicia no que levamos de ano. A última morreu onte en Viveiro. Chamábase Rejane. Tiña 42 anos e matouna o seu home onte na parroquia de Covas, en Viveiro. Fene acolleu este mediodía unha concentración de repulsa, convocada polo Concello, igual que sucedeu noutros lugares da comarca e o resto de Galicia.
Pódense esgotar as palabras de condena. Pero o que non se acabará nunca é a indignación e o pesar que sentimos cada vez que matan unha muller. Cargos públicos, empregados municipais e cidadáns sumáronse esta mañá á concentración de condena convocada en Fene pola Concellería de Benestar e Igualdade. Tivo lugar ás doce diante da Casa do Concello, onde se gardou un minuto de silencio e a concelleira Sandra Permui condenou este novo asasinato machista.
Publica o teu comentario agora