Cinema para as crianzas

Cinema para as crianzas
04 de Marzo, 2021 - 11:59 h. | Publicada por Radio Fene

Os nenos e nenas teñen nos Duplex Cinema unha marabillosa alternativa cultural como é ir ao cine. A sala de Ferrol contempla un ciclo de filmes europeos para este público, con proxeccións nas mañás dos domingos.

Cada domingo ás 11.30h, desde o domingo 7 de marzo ao 30 de maio, poderá verse nos Duplez Cinema unha escolma de oito títulos de cinema infantil. Cada filme terá un ou dous pases, contando cunha sesión gratuíta por película, grazas ao apoio da concellería de Cultura do concello de Ferrol. Para asistir ás proxección só é necesario presentarse ata uns minutos antes de que se acenda a máquina no despacho de billetes.(máximo dous por persoa). Ponse en marcha o “carné petís” que da dereito a unha sexta sesión de balde. O calendario coas datas das proxeccións pode consultarse na páxina web do cinema. “Ágata, a miña veciña detective” de Karla Bengsson é o filme para ver este domingo dia 7 de marzo. Ágatha Christine, de dez anos, é unha fanática dos misterios. Tanto que crea unha axencia de detectives privados. Este filme ten entrada de balde, co apoio do Conclelo de Ferrol.

O calendario é o seguinte:

“O neno e o mundo”, de Ale Abreu, domingo 14 de marzo.

“Pippi e o señor sen sono”, de Edmunds Jansons, domingo 21de marzo

“Gordon e Paddy, de Linda Hambäck, domingo 28 de marzo

“O vento entre as canas” o 18 de abril

“Zog, dragóns e heroínas” 25 de abril e 9 de maio.

“Pequenos heroes” 16 e 23 de maio.

“As aventuras de toupiña” 30 de maio.

Cultura

Publica o teu comentario agora