ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cineuropa, o gran festival de cine internacional que homenaxea a sétima arte cada ano en Compostela, segue a cumprir anos e iso permítelle ser xa autorreferencial. Botar a vista atrás no tempo, dende as súas 28 edicións, e lembrar que vivíu moitas cousas xa. Vivíu non só o cambio dun século, senón a mudanza dun mundo. É por iso que se vai rescatar a longametraxe “La tí
Os premios que entrega cada ano o Festival serán desta volta para Bárbara Lennie, Nils Malmros e Paulo Branco. Lennie, a definida por algúns como musa do cine indie español, presente nos últimos meses en "Stella Cadente" e en "El Niño", acaba de obter un triunfo maiúsculo en San Sebastián coa Concha de Ouro para "Magical Girl". O filme proxectarase en Compostela coincidindo coa entrega do galardón.
Nils Malmros, o gran clásico do cine danés, é candidato este ano ao Oscar coa súa obra mestra "Sorrow and Joy", que tamén pasará o evento compostelán. Malmros foi este ano protagonista dunha retrospectiva no Festival de Rotterdam, un repaso ao seu cine que se celebrará igualmente en Cineuropa como primicia absoluta en España.
Paulo Branco é o produtor europeo máis relevante do último medio século dentro do cinema independente, segundo a organización. Produtor de Wim Wenders, de Paul Auster, de David Cronenberg ou de Manoel de Oliveira, entre outros. Visitou Cineuropa cun dos seus filmes hai dous anos e agora volve para recibir este tributo, e ofrecer unha película, "Variacións Casanova", con John Malkovich, a metade de camiño entre a ópera, o teatro e, claro, o cine.